Concerto la menor para violín BWV 1041 - Segundo movemento - J.S.Bach
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 159
O segundo movemento do Concerto para clave BWV 1058 de J.S.Bach posúe un engado especial. Alterna un motivo rítmico obstinado no continuo coas diferentes aparicións do solista, que vai construíndo un discurso cada vez máis lírico. Todo isto é unha proba evidente do principio barroco do contraste.
Presentamos a versión da violinista Vilde Frang coa orquestra HR-Sinfonieorchester dirixida por Philippe Herreweghe.
Bach fixo unha versión para clave no concerto BWV 1058, aquí interpretado por Trevor Pinnock co English Concert.
Transcrición da percusión do sketch de Mr. Bean Invisible Drum Kit
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 116
Sonatina - Antón García Abril
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 122
O compositor e profesor Antón García Abril finou o 17 de marzo de 2021 e deixounos unha morea de obras sinfónicas, óperas, música de cámara, para instrumento solista ou sintonías de programas de televisión e bandas sonoras de películas. Foi un compositor que se empapou de todas as vangardas do seu tempo, pero que non renunciou ao pracer de compoñer melodías. Queremos homenaxear a este xenial músico español coa audición da obra para piano "Sonatina"(Alegretto - Arietta - Finale), neste vídeo interpretada maxistralmente pola pianista María Canyigueral, no Auditorio Josep Vider de Girona.
Nova versión de Musicanaescola
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Noticias
- Visitas: 262
Hoxe comezamos unha nova etapa en Musicanaescola. Pouco a pouco iremos subindo contido antigo, pero significativo, xunto co novo que se xere a partires de agora.
A versión completa está aquí.
Página 3 de 4