- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Noticias
- Visitas: 72
Juanma Sánchez amósanos na súa web Tradiberia unha interesante escolma de instrumentos ibéricos tradicionais clasificados por familias dos que amosa unha imaxe, expón información básica sobre o instrumento e unha gravación sonora para identificarlo. Unha web con historia e totalmente actualizada.

- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Noticias
- Visitas: 124
A excelente pianista portuguesa María João Pires vén de anunciar o cese da súa actividade profesional como concertista de piano aos 81 anos. Toda unha vida dedicada á Música!
Marabillosa e profunda intérprete da música de Chopin: Nocturno op 27, nº 2:
Neste vídeo interpreta a Arabesca nº 1 de Claude Debussy:
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Noticias
- Visitas: 258
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Noticias
- Visitas: 675
O Cancioneiro Popular Galego e as cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar van ser obxecto de homenaxe no Día das Letras Galegas 2025.
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth, que faleceu o mércores 6 de setembro de 2023, profesora de Harmonía e Contrapunto na Academia de Lucerna, dedicouse a estudar a música popular europea dos Balcáns, Cáucaso, Alemaña e Francia. Nas vacacións de 1978 chegou a Galicia, percorreu o país e rexistrou grabacións de música popular galega durante anos e aplicou a metodoloxía científica da musicoloxía para clasificar, analizar e estudar todo o material recollido. Xunto co filólogo Antón Santamarina, publicaron o Cancioneiro Popular Galego, con sete volumes, que foi financiado pola Fundación Barrié de la Maza.
No ano 2014, a musicóloga doou todos os seus rexistros sonoros ao Museo do Pobo Galego e ao Consello da Cultura Galega, entidades nas que é posible acceder a todo ese material de valor incalculable.
Sen o traballo de persoas como Dorothé, pioneira na etnomusicoloxía en Galicia e revalorizadora da calidade da nosa cultura, ou Antón Santamarina, sería imposible coñecer e ter á nosa disposición este tesouro da poesía e da música popular. A nós, tócanos amosar o noso agradecemento polo seu traballo e reivindicar a difusión deste impresionante legado.
Pódese acceder a unha versión en liña deste cancioneiro: Ligazón para acceder á versión en liña do Cancioneiro Popular Galego - Fundación Barrié. Precisaría dunha anovación tecnolóxica.