- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 330
O segundo movemento do Concerto para clave BWV 1058 de J.S.Bach posúe un engado especial. Alterna un motivo rítmico obstinado no continuo coas diferentes aparicións do solista, que vai construíndo un discurso cada vez máis lírico. Todo isto é unha proba evidente do principio barroco do contraste.
Presentamos a versión da violinista Vilde Frang coa orquestra HR-Sinfonieorchester dirixida por Philippe Herreweghe.
Bach fixo unha versión para clave no concerto BWV 1058, aquí interpretado por Trevor Pinnock co English Concert.
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 280
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 260
O compositor e profesor Antón García Abril finou o 17 de marzo de 2021 e deixounos unha morea de obras sinfónicas, óperas, música de cámara, para instrumento solista ou sintonías de programas de televisión e bandas sonoras de películas. Foi un compositor que se empapou de todas as vangardas do seu tempo, pero que non renunciou ao pracer de compoñer melodías. Queremos homenaxear a este xenial músico español coa audición da obra para piano "Sonatina"(Alegretto - Arietta - Finale), neste vídeo interpretada maxistralmente pola pianista María Canyigueral, no Auditorio Josep Vider de Girona.
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 253
O compositor británico Benjamin Britten compuxo en 1934 unha obra só para instrumentos de corda, que titulou Sinfonía Simple, na que deu forma definitiva a algúns temas que tiña ideados cando era máis novo. Os seus catro movementos son:
- Boisterous Bourrée: a forma sonata con texturas contrapuntísticas neobarrocas.
- Playful Pizzicato: un scherzo clásico que se toca a fume de carozo, e moi bonito.
- Sentimental Saraband: unha deliciosa peza que soa acanción modal inglesa.
- Frolicsome: un movemento final moi vivo con cambios rítmicos salientables.
Coa partitura:
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 275
O excelente pianista italiano Maurizio Pollini vén de falecer o pasado o pasado 23 de marzo de 2024 na súa cidade natal, Milán. A súa técnica posta á disposición da musicalidade e o profundo respecto do intérprete á partitura fan deste lexendario pianista un dos mellores da historia. Xa o anunciou Arthur Rubinstein, presidente do xurado do Concurso Internacional Fréderick Chopin de Varsovia en 1960, con estas palabras: "Este mozo toca o piano mellor que calquera de nós".
O 14 de novembro de 2014 tocou xunto coa nosa estupenda OSG e a dirección do seu fillo Daniele Pollini o Concerto para piano e orquestra nº 5 op 73 "Emperador" de Beethoven. Deste xeito, pai e fillo dan testemuña da calidade musical desta familia e a gravación constitúe un legado para a historia. A calidade impresionante da gravación realizada polos técnicos da Radio Galega permite incluso escoitar, en diversos momentos, como o pianista canturexa algúns temas mentres toca.