O excelente pianista italiano Maurizio Pollini vén de falecer o pasado o pasado 23 de marzo de 2024 na súa cidade natal, Milán. A súa técnica posta á disposición da musicalidade e o profundo respecto do intérprete á partitura fan deste lexendario pianista un dos mellores da historia. Xa o anunciou Arthur Rubinstein, presidente do xurado do Concurso Internacional Fréderick Chopin de Varsovia en 1960, con estas palabras: "Este mozo toca o piano mellor que calquera de nós".

O 14 de novembro de 2014 tocou xunto coa nosa estupenda OSG e a dirección do seu fillo Daniele Pollini o Concerto para piano e orquestra nº 5 op 73 "Emperador" de Beethoven. Deste xeito, pai e fillo dan testemuña da calidade musical desta familia e a gravación constitúe un legado para a historia. A calidade impresionante da gravación realizada polos técnicos da Radio Galega permite incluso escoitar, en diversos momentos, como o pianista canturexa algúns temas mentres toca.