- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 15
Zadok The Priest é un dos catro himnos compostos por Haendel para a coronación dos reis. É o máis famoso. A estrea foi o 22 de outubro de 1727, na coración do rei George II na Westminster Abbey.
Ten unha estrutura ternaria: unha introdución orquestral (base para o Himno da Champoins League), unha sección central en compás ternario e un final (Good save the King) en compás cuaternario.
Solemnidade, maxestuosidade, grandiosidade... son algúns sentimentos que a música transmite.
Dispoñemos de tres versións:
- Les Arts Florissants e alumnado do Departamento de interpretación histórica da Juilliard School 415 de New York baixo a dirección de William Christie.
2. The English Concert e a orquestra Händelfestspielorchester Halle cos coros MDR Rundfunkchor, Hallenser Madrigalisten, Händelfestspielchor e Chor der Oper Halle dirixidos por Howard Arman.
3. Versión para órgano, realizada e interpretada por Richard McVeigh no seu órgano persoal empregando software Hawptwerk e o conxunto de sons do órgano de Saint Martin de Dudelange (Luxemburgo) sampleados pola firma Voxus Organs.
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 25
Compostos en 1971 e 1976 son unha mostra do rock progresivo italiano. Virtuosismo a esgalla. Sorpresas...!
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 38
O compositor de Rio de Janeiro Heitor Villa-Lobos compuxo en 1930 esta peciña para piano titulada Valse da dor, na que se poden apreciar os dous rasgos fundamentais da música deste compositor: o folclore brasileiro e a influenza da tradición clásica europea desa época. Unha obra inspirada e íntima.
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 93
É unha práctica común que compositores prolíficos empreguen temas ou obras xa compostas por eles mesmos para elaborar novas pezas musicais.
Mozart empregou a fuga para dous pianos KV 426, tamén en do menor, para engadirlle un adaxio ou introdución e escribir a obra KV 546 para cuarteto de cordas (que tamén pode ser interpretada por unha orquestra de cordas).
O adaxio mostra un tema contrastante en canto a dinámica e textura que vai evolucionando ata chegar a un final tranquilo. A fuga é un prodixo do contrapunto herdeiro do mellor Bach, cun tratamento do tema principal en inversión, amplificación, con estreitos ben definidos e grande densidade na textura.
Esta obra foi transcrita e arranxada para varias formacións e instrumentos:
Para orquestra de cordas - WDR Sinfonieorchester e Jörg Widmann:
Para dous pianos - neste caso amosamos a fuga KV 426 coa partitura:
Para órgano - versión con partitura:
- Detalles
- Escrito por: admin
- Categoría: Música para escuchar
- Visitas: 121
O segundo movemento do Concerto para clave BWV 1058 de J.S.Bach posúe un engado especial. Alterna un motivo rítmico obstinado no continuo coas diferentes aparicións do solista, que vai construíndo un discurso cada vez máis lírico. Todo isto é unha proba evidente do principio barroco do contraste.
Presentamos a versión da violinista Vilde Frang coa orquestra HR-Sinfonieorchester dirixida por Philippe Herreweghe.
Bach fixo unha versión para clave no concerto BWV 1058, aquí interpretado por Trevor Pinnock co English Concert.