Conquista do Paraíso - Homenaxe a Vangelis

O compositor grego Vangelis vén de finar estes días. Un compositor que traballou a fondo con sintetizadores, que puxo música a películas inesquecibles como Blade Runner ou Carros de fuego.

O organista Gert van Hoef realizou unha improvisación sobre o tema Conquista do Paraíso nun órgano da casa Johannus. A improvisación é unha das artes que un organista debe dominar e poñer en práctica. Que este tema sirva para recoñecemento ao grande compositor que foi Vangelis e agradecemento a Gert pola súa estupenda interpretación.