A tuba

O instrumento máis grande, o que ten un rexistro máis grave da familia de vento metal, é a tuba. Empregada na orquestra de finais do XIX e durante o XX, amósase un instrumento fundamental en agrupacións como as bandas de música nas súas diversas variantes. Tamén está presente nas bandas de jazz. Cada vez aumenta o seu papel como solista. Neste vídeo pódese apreciar toda a gama de variantes e xeitos de tocar a tuba, incluso coa utilización de sons dobres...