Lilypond

Lilypond é un editor de partituras multiplataforma que destaca sobre todo pola calidade gráfica da partitura final. Instálase o programa e cun procesador de texto simple edítase a partitura seguindo unha linguaxe que custa un chisco ao principio. Unha vez creado ese ficheiro, compílase co programa Lilypond e créanse un fichero pdf e un fichero midi.