Un maio

No mes de maio en moitas zonas de Galicia constrúense maios e invéntanse unhas coplas con aire crítico que os nenos e os maiores cantan. En Ourense celébranse o dia 3 de maio, festa da Santa Cruz. Por iso, nesta cidade o maio enxebre é unha pirámide que remata nunha cruz, feita de madeira, tea de saco, brións e colares de carrabouxos e flores de xesta branca e amarela. Logo están os maios artísticos que representan escenas típicas. Traemos aquí unha cantiga de maio, concretamente de Vilalba (Lugo) que aparece no Cancioneiro de Torner e Bal y Gay. Si, nese cancioneiro que debería estar obrigatoriamente nas aulas de música de todas as escolas galegas... A melodía é alegre cunha inflexión no final da primeira semifrase moi lírica.

Dispoñible en pdf