Falade ben baixo - Panxoliña

Falade ben baixo é unha fermosa panxoliña moi agarimosa, case un canto de berce. Nesta partitura fixemos un arranxo para voz solista e órgano.

Prema para ver e escoitar a partitura

A coral Hilarión Eslava posúe no seu repertorio unha versión a catro voces. Esta é a ligazón.

Tamén atopamos unha versión para coro harmonizada por Douglas Brooks-Davies titulada "We'll Speak Very Softly" que chama a atención polo final da melodía, distinto, e polo tratamento harmónico. Aquí está a ligazón ao ficheiro pdf.