O compositor lucense Juan Montes (1840-1899) compuxo as "Seis baladas gallegas" editado por Canuto Berea y Cª de A Coruña. Trátase de seis composicións para piano (con letra) cos seguintes títulos: As lixeiras anduriñas, Doce sono, Negra sombra, Lonxe d'a terriña, Unha noita n'a eira d'o trigo e O pensar d'o labrego.

En Negra Sombra Montes pon música ao poema do mesmo nome de Rosalía de Castro. A balada para piano foi tomada polo autor dunha fantasía para orquestra. É posible que unha versión para coro existise antes, pero publicouse primeiro a versión para piano.

Esta é unha das melodías máis famosas e fermosas da nosa música galega, moitas veces versionada.

We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.