Minueto - Krieger

Este Minueto de Johan Krieger, versión para dúas flautas, permite ao alumnado adentrarse no complexo pero fantástico mundo do contrapunto. Este tipo de textura é allea ao mundo musical actual, sobre todo, ao que inunda os reprodutores mp3 que emprega o noso alumnado. Porén, coñecer supón ser máis libre e ter máis elementos de xuízo ao enfrontarnos cunha obra musical. Comezar polo sinxelo é o mellor camiño para poder disfrutar despois de inmensas arquitecturas sonoras de compositores barrocos como Bach, Haendel ou Buxtehude.