Consurge, filia Sion - Oratorio de Nadal op 12 - Saint-Saëns

Coincidindo co centenario do falecemento do grande compositor francés Camille Saint-Saëns, ofrecemos un anaco dunha obra apropiada para escoitar nestas datas: Oratorio de Nadal op 12. Escoitamos o número 9, titulado Consurge, filia Sion para cinco solistas, coro, órgano, cordas e arpa, na versión de Christoph Poppen e a Deutsche Radio Philharmonie.