III Xornadas de Órgano Cidade de Ourense

Organizadas pola Asociación de Amigos do Órgano Un rato no tubo de Ourense chegan as III Xornadas de Órgano Cidade de Ourense. Este ano Bach, a súa obra e a súa influencia na música de anos posteriores, será o protagonista da semana. Tamén o será o órgano de Santa Eufemia do Centro e os organistas Pablo Márquez e Atsuko Takano, quen brindarán un excelente e interesante concerto o vindeiro venres 29 de novembro ás 20:15 h. 

Cartel das III Xornadas