Atopada unha obra inédita de Mozart

A fundación Mozarteum atopou unha nova partitura para piano de Mozart. O investigador Hildegard Herrmann-Schenider localizouna no Tirol austríaco, incluída nun libro de notas, cando traballaba en documentar fontes musicais antigas da rexión.

A partitura está explícitamente atribuida a Mozart, aínda que foi manuscrita por un copista tirolés.

A nova peza será interpretada na súa presentación ao público o próximo 23 de marzo na casa onde viviu o músico en Salzburgo, a súa cidade natal.

Mozart en Verona