Última actualización do Xoves, 24 Decembro 2015 11:59
Publicado o Domingo, 15 Xaneiro 2012 17:12
Escrito por Administrator
Visitas: 3193
A segunda peza que nos chamou a atención no Concerto de Aninovo 2012 foi "Freuet euch des Lebens" (Disfrutade da vida ou Aledavos a vida) - Op 340 de Johann Strauss. Un fermosa tanda de valses, con ánimo optimista e moi ledo, cunha coreografía orixinal.
Gavota - Brahms
Detalles
Creado o Domingo, 15 Xaneiro 2012 19:53
Última actualización do Domingo, 15 Xaneiro 2012 20:08
Publicado o Domingo, 15 Xaneiro 2012 19:53
Escrito por Administrator
Visitas: 2752
Esta é unha versión de Johannes Brahms da sección central dunha Gavota do compositor alemán Gluck.
Aquí un vídeo coa interpretación de Robert Groslot
Variacións sobre un tema de Paganini op 35 - Brahms
Detalles
Creado o Luns, 07 Novembro 2011 20:30
Última actualización do Xoves, 24 Decembro 2015 12:54
Publicado o Luns, 07 Novembro 2011 20:30
Escrito por Administrator
Visitas: 3142
As Variacións sobre un tema de Paganini op 35 de Brahms (Estudos para pianoforte) constitúen un monumento, xunto coas Variacións sobre un tema de Haendel (para piano) e as Variacións sobre un tema de Haydn (para orquestra) do mesmo autor, á forma musical da variación. Brahms era un auténtico MESTRE desta forma musical. Traballar un tema, diseccionalo, modificalo de xeito que o espírito do mesmo non se perda, amplialo, enriquecelo ata chegar ao culmen da grande variación, onde a inventiva e a inspiración do compositor amósanse protagonistas da obra, "superando" o terma musical que a orixinou. Este é o traballo de Brahms. Magnífico. O virtuosismo técnico que a partitura encerra (son uns estudos para piano de máxima dificultade) non se pode afrontar sen unha enorme musicalidade por parte do intérprete.
Ofrecemos dous vídeos de dous pianistas. O primeiro libro, (14 variacións), un pianista que xa ocupado un lugar de honra na historia da interpretación neste instrumento, Emil Gilels. (14 variacións)
O segundo libro, outras 14 variacións, está interpretado por outro pianista ruso, Dmitriy Onyshchenko, xoven pianista gañador dun Concurso Tchaikovski.
Análise do primeiro movemento Sonata op.2 n°1 -Beethoven
Detalles
Creado o Sábado, 08 Outubro 2011 16:46
Última actualización do Domingo, 09 Outubro 2011 10:10
Publicado o Sábado, 08 Outubro 2011 16:46
Escrito por Administrator
Visitas: 3661
Amosamos a análise realizada co aplicativo iAnalyse do Primeiro Movemento da Sonata para piano en fa menor op 2 nº1 de Beethoven. A partitura posúe toda a información precisa para disfrutar da música e apreciar dun xeito intuitivo a forma-sonata que adoita este movemento.
MuseScore 1.1 xa dispoñible
Detalles
Creado o Domingo, 02 Outubro 2011 16:52
Última actualización do Domingo, 02 Outubro 2011 16:52
Publicado o Domingo, 02 Outubro 2011 16:52
Escrito por Administrator
Visitas: 2855
A versión 1.1 do aplicativo de edición de partituras MuseScore ten como finalidade mellorar a súa estabilidade e fiabilidade, máis de 60 erros foron correxidos, perfeccionar a notación de Jazz e incluir scripts para facilitar o traballo editor neste xénero musical e abrir o aplicativo á comunidade mediante as lapelas de MuseScore Connect, que dá acceso ás partituras compartidas polos usuarios de MuseScore en musescore.com, as últimas noticias publicadas na canle en Twitter e tutoriais de vídeo para comezar con MuseScore.