Suceso en Xunqueira... unha posible solución.
- Detalles
-
Creado o Venres, 30 Agosto 2013 16:22
-
Última actualización do Venres, 30 Agosto 2013 16:25
-
Publicado o Venres, 30 Agosto 2013 16:22
-
Escrito por Administrator
-
Visitas: 3060
O pasado domingo día 18 de agosto estabamos en Xunqueira de Ambía. A tardiña tiña unha temperatura agradable e corría un ventiño moi apetecible. O motivo da visita era disfrutar da música de órgano no concerto que o xoven organista de Valencia, Pablo Márquez Caraballo, ofrecía. O programa, impresionante, un monográfico de J.B. Cabanilles. O concerto comezou sen ningunha novidade que destacara, a non ser o grande virtuosismo que o concertista amosaba en cada obra ademais de interpretala cunha enorme variedade e atrevida rexistración. Levabamos 4 pezas e, ao comezo da quinta, o Tiento de 7º ton por alamire, escoitamos un "plof" e o instrumento deixou de funcionar. Sorpresa!
Ler máis: Suceso en Xunqueira... unha posible solución.