Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Penélope - Día das Letras Galegas

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 17 Mai 2014 10:07
Última actualización do Sábado, 17 Mai 2014 11:09
Publicado o Sábado, 17 Mai 2014 10:07
Escrito por Administrator
Visitas: 3404

Hoxe Galicia celebra o Día das Letras Galegas. Este ano o escritor homenaxeado é Xosé María Díaz Castro, poeta e tradutor. O grupo A Quenlla musicou o seu poema Penélope, no que o autor denuncia o inmobilismo do noso país.

Para Musicanaescola o Día das Letras Galegas é todos e cada un dos días do ano.

 

Concerto de primavera 2014

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Mércores, 14 Mai 2014 16:36
Última actualización do Mércores, 14 Mai 2014 16:36
Publicado o Mércores, 14 Mai 2014 16:36
Escrito por Administrator
Visitas: 2451

A Asociación de amigos do Órgano de Ourense "Un rato no tubo" organiza o vindeiro xoves, 15 de maio de 2014, ás 20: 15 h, na Igrexa de Santa Eufemia do Centro,  o Concerto de primavera, a cargo da soprano Ilduara Perianes e da organista Marisol Mendive.

En programa obras de Fauré, Pierné, Montsalvatge, Blancafort, Toldrá, Marcial del Adalid, Franck, Dubois e M. G.Mendoza. Desta última compositora, e profesora do CMUS de Ourense,  interpretarase o estreo absoluto da obra "Poema XLIV sobre un texto de G.A. Bécquer: Como un libro abierto"

Entrada libre.

Concerto de Primavera- Cartel

Siciliano - BWV 1031 - Bach

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 16 Marzo 2014 12:06
Última actualización do Domingo, 25 Xuño 2017 18:52
Publicado o Domingo, 16 Marzo 2014 12:06
Escrito por Administrator
Visitas: 3338

Ofrecemos dúas versións para piano dun mesmo arranxo. Trátase do que realizaou o estupendo pianista Wilhem Kempff sobre o Siciliano da Sonata nº 2 para frauta de J.S. Bach.

A primeira está interpreta pola pianista polaca Iwona Karasinska-Schlair.

 

A segunda interpretación vén das mans de Evgeni Kissin cando contaba con 19 anos de idade.

 

 A terceira é unha versión coa partitura:

Estudo Op 25 nº 1 - Chopin

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 09 Marzo 2014 19:40
Última actualización do Domingo, 09 Marzo 2014 19:41
Publicado o Domingo, 09 Marzo 2014 19:40
Escrito por Administrator
Visitas: 3452

Os estudos para piano de Chopin forman parte do catálogo pedagóxico que os pianistas deben interpretar para adquirir musicalidade, técnica e expresividade. O Op 25 nº1 consiste nunha serie de arpexios na man dereita nos que a primeira nota vai realizando unha melodía e a esquereda fai ás veces un acompañamento 2 a 3 e outras veces ten o mesmo ritmo da man dereita. En calquera caso, a harmonía é moi rica, con acordes aumentados que confiren un clima de ensoñación e exotismo.

Estes días soa moito esta música posto que o comezo do estudo é a banda sonora dunha campaña publicitaria de Siemens.

Neste vídeo pódese escoitar e seguir a partitura.

 

Sonata para órgano a catro mans e catro pés - Merkel

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 02 Decembro 2013 19:00
Última actualización do Luns, 02 Decembro 2013 19:00
Publicado o Luns, 02 Decembro 2013 19:00
Escrito por Administrator
Visitas: 3403

No extraordinario concerto dos organistas Pablo Márquez e Atsuko Takano, celebrado o venres 29 de novembro e organizado pola Asociación de Amigos do Órgano Un rato no tubo, puidemos disfrutar, entre outras obras estupendamente interpretadas polos dous intérpretes, da Sonata para catro mans e catro pés Op 30 de Gustav Merkel. Unha obra en tres tempos onde os organistas poden amosar a súa técnica e musicalidade e tirar todo o partido posible do instrumento que teñen baixo as súas catro mans e os seus catro pés.

A coordinación tamén é moi importante... como poden apreciar nesta gravación de Pierre Nimax jr. e Paul Kayser.

 

 

Máis artigos

  1. Aria Schafe können sicher weiden BWV 208 - J.S.Bach
  2. Suceso en Xunqueira... unha posible solución.
  3. Vals op 39 - 9 - Brahms
  4. O reloxo sincopado - Outro musicograma

Page 16 of 22

  • Start
  • Prev
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal
  • Buddy Bolden Suite - Roberto Somoza
  • Verseto XX - Heures Mystiques - Leon Boëllmann

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.