Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

White Winter Hymnal

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 02 Xaneiro 2015 13:20
Última actualización do Venres, 02 Xaneiro 2015 13:20
Publicado o Venres, 02 Xaneiro 2015 13:20
Escrito por Administrator
Visitas: 3132

O grupo Pentatonix interpreta o tema White Winter Hymnal cun interesante acompañamento de percusión corporal. Feliz ano!

 

Sleigh Ride II - Leroy Andersson

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 08 Decembro 2014 21:40
Última actualización do Luns, 08 Decembro 2014 21:48
Publicado o Luns, 08 Decembro 2014 21:40
Escrito por Administrator
Visitas: 3096

Unha nova versión deste fermoso tema de Leroy Andersson, esta vez nun órgano, nas mans e nos pés de Cameron Carpenter, este xoven organista que goza dunha técnica extraordinaria. Aquí pódese apreciar o órgano orquestal, o órgano de teatro... Ver e escoitar tocar a Cameron é unha experiencia única. Aínda que o órgano é dixital, paga a pena escoitalo!

 

Preludio e fuga nº 1 en mi menor - Mendelssohn

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 16 Novembro 2014 12:28
Última actualización do Domingo, 16 Novembro 2014 12:28
Publicado o Domingo, 16 Novembro 2014 12:28
Escrito por Administrator
Visitas: 3151

Félix Mendelssohn foi o responsable de recuperar a música de Johan Sebastian Bach para os compositores románticos. Escribiu, ademais de varios preludios e fugas e sonatas para órgano, seis preludios e fugas para piano que se catalogaron co opus 35.

Ofrecemos unha versión moi valiosa, interpretada en directo, do Preludio e fuga nº 1 en mi menor. É unha obra que en principio semella un exercicio de composición pero que se mostra como unha obra espectacular. O preludio está na liña dos que Bach compoñía para órgano, cun piano moi arpístico. A fuga é xenerosa, densa e variada. Empeza soando a Bach, logo semella algunhas das fugas de Beethoven con accelerando incluídos, sigue unha potente sección en octavas en fortísimo e ao final contén un pequeno coral. A fuga remata cun clima de calma.

Toca Paula Biedma.

 

Jordi Savall, chapeau!

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 02 Novembro 2014 15:59
Última actualización do Domingo, 02 Novembro 2014 16:04
Publicado o Domingo, 02 Novembro 2014 15:59
Escrito por Administrator
Visitas: 2229

O estupendo músico Jordi Savall, cunha senlleira traxectoria como investigador e divulgador da música antiga, vén de renunciar ao Premio Nacional de Música concedido polo Ministerio de Educación e Cultura. Entendemos, apoiamos e aplaudimos as razóns polas que xustificou a renuncia. Contra a incultura musical dos políticos, máis Educación Musical, máis apoio a intérpretes, directores, grupos musicais, orquestras, investigadores do patrimonio musical español, asociacións musicais e máis concertos (rebaixa do IVE á cultura)... Os feitos son as verdadeiras luces que iluminan este camiño bretemoso polo que estamos a pasar.

Jordi Savall 20070116 Fnac 6 

La granja musical

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 29 Setembro 2014 18:34
Última actualización do Luns, 29 Setembro 2014 18:37
Publicado o Martes, 30 Setembro 2014 18:34
Escrito por Administrator
Visitas: 2205

La granja musical é un recurso para aprender divertíndose conceptos da linguaxe musical desde os máis básicos ata o que son cada vez máis complexos. Está realizado por un equipo de profesoras e profesores do Conservatorio de Almendralejo - Badaxoz. Pódese ver en El blog del Lenguaje Musical de María Quintanilla.

Máis artigos

  1. Acuario - Carnaval dos animais - Musicograma
  2. O método cardiofónico - Germán Díaz
  3. Sonata K545 - Mozart - III
  4. Ourense no solpor - Manuel de Dios

Page 14 of 22

  • Start
  • Prev
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal
  • Buddy Bolden Suite - Roberto Somoza
  • Verseto XX - Heures Mystiques - Leon Boëllmann

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.