Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Faleceu Nikolaus Harnoncourt

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 07 Marzo 2016 19:55
Última actualización do Sábado, 21 Abril 2018 15:07
Publicado o Luns, 07 Marzo 2016 19:55
Escrito por Administrator
Visitas: 2224

O director de orquestra, violonceliste e investigador musical, Nikolaus Hannoncourt vén de falecer o pasado sábado á idade de 85 anos. Formou parte da corrente historicista de interpretación musical que, iniciada na recuperación auténtica da música do Barroco, avogou pola interpretación desta música liberándoa de todo artificio romántico, buscando as fontes orixinais, os instrumentos propios da época e intentando reproducila do xeito máis neutral e "obxectivo". Despois de fundar o Concentus Musicus en 1953 e dedicarse á investigación e interpretación sobre todo de música antiga, aínda que tamén abordou a música do seu tempo, Harnoncourt foi ampliando o obxecto do seu estudo ata chegar ao Clasicismo e Romanticismo. Desenvolveu unha longa carreira como director de orquestra preocupado pola autenticidade na interpretación, investigando constamente nas partituras orixinais e obtendo unha forma propia de entender cada composición.

Para afondar sobre o seu pensamento musical recomendamos a lectura de obras como "O diálogo musical: reflexións sobre Monteverdi, Bach e Mozart", "A música como discurso sonoro" ou "A música é máis que as palabras".

Na súa entrevista, realizada cando cumpriu os 85 anos, un pouco antes de se retirar da vida activa pública musical, declarou que a derradeira música que desexaría escoitar antes de deixar este mundo sería un coral de Bach, Vor deinen Thron tret’ ich hiermit  BWV 688 (Con isto preséntome ante o teu Trono) empregado polo compositor na Arte da fuga. Para honrar a esta figura que se nos foi, poden escoitar este coral na súa versión para órgano a cargo de Hans-Andre Stamm. A paz, a tranquilidade, a satisfacción serena, a humildade... son sentimentos que afloran ante a escoita desta peza.

 

Un bo futuro - María López Carballo

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 20 Febreiro 2016 12:42
Última actualización do Sábado, 20 Febreiro 2016 12:43
Publicado o Sábado, 20 Febreiro 2016 12:42
Escrito por Administrator
Visitas: 3148

María López Carballo, unha rapaciña galega de Narón, interpreta tres pezas populares galegas ( Ai Maruxiña, Foliada de Tenorio e unha muiñeira) acompañándose coa zanfona e coa colaboración de Carlos Núñez. O gran mestre Santalices estaría moi satisfeito! Noraboa tamén ao noso músico máis universal...

 

Canción á árbore de Nadal

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Xoves, 24 Decembro 2015 10:58
Última actualización do Xoves, 24 Decembro 2015 10:58
Publicado o Xoves, 24 Decembro 2015 10:58
Escrito por Administrator
Visitas: 3205

Edward Grieg, dentro das 7 cancións para rapaces op 61, dedicou unha delas á árbore de Nadal. Con esta música sinxela e agarimosa queremos desexarlles un BO NADAL!

 

Doodle para celebrar o 245 aniversario do nacemento de Beethoven

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Xoves, 17 Decembro 2015 19:07
Última actualización do Xoves, 17 Decembro 2015 19:08
Publicado o Xoves, 17 Decembro 2015 19:07
Escrito por Administrator
Visitas: 2010

Google celebra hoxe, 17 de decembro, o 245 aniversario do nacemento de Beethoven cun Doodle xenial... Paga a pena disfrutar del. Prema na imaxe.

 

Meditación op 72 - nº 5 - Tchaikovsky

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 22 Novembro 2015 16:35
Última actualización do Mércores, 04 Xullo 2018 12:25
Publicado o Domingo, 22 Novembro 2015 16:35
Escrito por Administrator
Visitas: 3095

Denis Matsuev é un grande do piano. Aquí o vemos facéndonos gozar cunha peciña de salón de Tchaikovsky, pero "menuda" peciña. A musicalidade e o virtuosismo van moi ben collidos da man nesta interpretación da Meditación op 72 nº 5.

 

Máis artigos

  1. XXVI Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía
  2. Pito pastoril - Método de Moisés Quintas
  3. MuseScore 2
  4. 350 anos de Cristofori - O piano

Page 11 of 22

  • Start
  • Prev
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal
  • Buddy Bolden Suite - Roberto Somoza
  • Verseto XX - Heures Mystiques - Leon Boëllmann

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.