Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Buddy Bolden Suite - Roberto Somoza

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Mércores, 17 Agosto 2022 22:32
Última actualización do Mércores, 17 Agosto 2022 22:45
Publicado o Mércores, 17 Agosto 2022 22:32
Escrito por Administrator
Visitas: 1887

A Buddy Bolden Suite, de Roberto Somoza, interpretada polo Quinteto de metais da OSG, fainos viaxar aos anos vinte do século pasado directamente desde este século da man dunha fermosa e ben pensada e sentida música. Budy Bolden foi un cornetista de Nova Orleans que, a finais do século XIX, andaba a crear un novo estilo de música: o jazz.

Nos catro números desta suite hai momentos esixentes para cada instrumentista e o conxunto resultante é unha música dunha delicadeza exquisita. Parabéns ao compositor, que é un bo coñecedor da música de jazz desa época. Tamén a nosa noraboa aos excelentes intérpretes.

Verseto XX - Heures Mystiques - Leon Boëllmann

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 23 Xullo 2022 17:14
Última actualización do Sábado, 23 Xullo 2022 17:15
Publicado o Sábado, 23 Xullo 2022 17:14
Escrito por Administrator
Visitas: 861

Leon Boëllmann foi un compositor francés que dedicou a meirande parte da súa obra ao órgano. Foi nomeado organista titular da igrexa de San Vicente de Paul, en Paris, e tivo á súa disposición un órgano Cavaillé-Coll.

A obra Heures Mystiques é unha escolma de pequenas pezas para órgano ou harmonio con títulos referidos a momentos da misa nos que o órgano tiña un papel importante: entradas, ofertorios, consagracións, comunións, saídas... Tamén ten versetos.

Ofrecemos o Verseto XX, moi sinxelo.

Conquista do Paraíso - Homenaxe a Vangelis

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 22 Mai 2022 11:18
Última actualización do Domingo, 22 Mai 2022 11:18
Publicado o Domingo, 22 Mai 2022 11:18
Escrito por Administrator
Visitas: 1912

O compositor grego Vangelis vén de finar estes días. Un compositor que traballou a fondo con sintetizadores, que puxo música a películas inesquecibles como Blade Runner ou Carros de fuego.

O organista Gert van Hoef realizou unha improvisación sobre o tema Conquista do Paraíso nun órgano da casa Johannus. A improvisación é unha das artes que un organista debe dominar e poñer en práctica. Que este tema sirva para recoñecemento ao grande compositor que foi Vangelis e agradecemento a Gert pola súa estupenda interpretación.

Concerto para piano nº3 - Tchaikovsky

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 02 Abril 2022 22:52
Última actualización do Sábado, 02 Abril 2022 22:52
Publicado o Sábado, 02 Abril 2022 22:52
Escrito por Administrator
Visitas: 2028

Este concerto foi publicado como obra póstuma e o autor só traballou no primeiro movemento. É, posiblemente, o meno coñecido dos seus concertos para piano. Ofrecemos unha gravación da OSG, dirixida por Ion Marin, coa solista Marianna Prjevalskaya, pianista vencellada á Coruña. Esta obra require a doses iguais virtuosismo e musicalidade, elementos que Marianna brinda na interpretación desta obra.

Negra Sombra - Juan Montes - OSG

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 28 Febreiro 2022 13:56
Última actualización do Luns, 28 Febreiro 2022 13:57
Publicado o Luns, 28 Febreiro 2022 13:56
Escrito por Administrator
Visitas: 2256

SEN PALABRAS

Máis artigos

  1. O querer - Tanxugueiras
  2. O órgano do Teatro Real
  3. Consurge, filia Sion - Oratorio de Nadal op 12 - Saint-Saëns
  4. Passacaille Suite en sol menor HWV 432 Haendel

Page 2 of 23

  • Start
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Faleceu Dorothé Schuberth
  • Eco - Acrópole - Fillas de Cassandra
  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.