Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

O poder dunha linguaxe universal: a música

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
Última actualización do Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
Publicado o Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
Escrito por Administrator
Visitas: 1792

Unha linguaxe serve para comunicarse; para compartir inquedanzas, sentimentos e ideas; para unirse e pasar un anaco de tempo inesquecible. Isto lle pasou a un turista que ao contrabaixo acompañou a uns músicos da rúa interpretando "Les feuilles mortes". Ensaios, ningún. Os tres músicos teñen clara a estrutura armónica e formal da canción e realizan unha serie de improvisacións a cada cal mellor. O público en directo e nós, grazas a este vídeo, somos testemuñas  do poder da música: unha linguaxe universal.

Sinfonía nº 6 Tchaikovsky - Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 01 Decembro 2018 22:44
Última actualización do Sábado, 01 Decembro 2018 22:44
Publicado o Sábado, 01 Decembro 2018 22:44
Escrito por Administrator
Visitas: 1968

Unha versión da Sinfonía nº 6 de Tchaikovsky interpretada polos xóvenes músicos da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia. Unha versión dun alto nivel artístico que nace do estupendo facer interpretativo desta xuventude. Noraboa a eles e elas e tamén, por suposto, ás súas profesoras e profesores. Excelente traballo do director, tamén xoven, José Miguel Pérez Sierra.

 

 

VIII Xornadas de Órgano Cidade de Ourense 2018

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 19 Outubro 2018 16:16
Última actualización do Venres, 19 Outubro 2018 16:16
Publicado o Venres, 19 Outubro 2018 16:16
Escrito por Administrator
Visitas: 1250

A vindeira semana terán lugar as VIII Xornadas de Órgano "Cidade de Ourense" organizadas pola Asociación de Amigos do Órgano Un rato no tubo. Unha serie de actividades arredor do órgano e dos organistas. Concretamente, este ano será Saskia Roures a invitada especial.

Presentamos o cartaz do evento.

 

IV Pequenas Xornadas de Órgano - Cantos en tubos

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 28 Setembro 2018 16:02
Última actualización do Venres, 28 Setembro 2018 16:03
Publicado o Venres, 28 Setembro 2018 16:02
Escrito por Administrator
Visitas: 1028

O vindeiro sábado 6 de outubro de 2018 terán lugar, no coro alto do Mosteiro de San Salvador de Celanova, as IV Pequenas Xornadas de Órgano "Cantos en tubos", organizadas pola Asociación de Amigos do Órgano de Ourense Un rato no tubo, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez.

Rosa Mª Vicente, mestra e doutora en materiais didácticos e musicais en Ed. Infantil, e Marisol Mendive, organista e profesora de órgano do CMUS de Ourense, desenvolverán unha sesión musical destinada a nenas e nenos con cancións infantís galegas musicalizadas e contextualizadas a través do órgano de tubos.

A entrada é gratuita.

Concerto do grupo Los Evers

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 03 Setembro 2018 22:32
Última actualización do Luns, 03 Setembro 2018 22:36
Publicado o Luns, 03 Setembro 2018 22:32
Escrito por Administrator
Visitas: 1057

Cando a finais dos anos sesenta e principios dos setenta o fenómeno dos The Beatles chegou á nosa terra, unha morea de xóvenes, engaiolados pola música, por disfrutar tocando xuntos e por facer disfrutar ao público que os escoitaba, formou unha enorme variedade de grupos musicais que amenizaba festas, tocaba en salas ou daba concertos por toda a xeografía galega. Eran Los Evers, Los Posters, Los Murciélagos, Los Warner... Intentaban emular a eses grupos internacionais facendo versións propias dos grandes éxitos, aprendían uns dos outros nos ensaios, incluso compoñían os seus temas, gozaban coa camaradería e compartían valores como a amizade, a liberdade, a xuventude, a aventura... Non eran tempos fáciles para desenvolver esta afección... A súa estética rachaba co habitual por aqueles tempos e a liberdade que compartían non casaba cun rexime nacional-católico que xa estaba no seu ocaso.

O tempo foi pasando, os grupos evolucionaron, sufriron cambios na súa formación e, por circunstancias propias da vida, enmudeceron. Pero a chama da música quedou en todos e cada un dos seus integrantes de tal xeito que, xa superada a cincuentena, volveron xuntarse para emular aqueles tempos, para seguir vibrando xuntos en cada un dos ensaios e das actuacións, brindando ao seu público, a aqueles xóvenes de entón que reviven tempos pasados cos seus ídolos e cos temas musicais que os fixeron felices e ao novo público, música en directo, fresca, única, verdadeira, con versións ben traballadas, co mellor son que a tecnoloxía actual proporciona.

Se o queren comprobar, o grupo Los Evers dará un concerto en Bbikalla Park o vindeiro venres 7 de setembro ás 23:30 h. Sería unha boa oportunidade para pasar un magnífico momento deixándose levar polo bo facer deste grupo ourensán.

Máis artigos

  1. Melodía Op 68 nº 1 - Schumann
  2. Concerto para clave BWV1058: segundo movemento
  3. Terra e alma - Moisés Quintas
  4. Día de Rosalía

Page 6 of 21

  • Start
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Concerto para piano nº3 - Tchaikovsky
  • Negra Sombra - Juan Montes - OSG
  • O querer - Tanxugueiras
  • O órgano do Teatro Real
  • Consurge, filia Sion - Oratorio de Nadal op 12 - Saint-Saëns

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2022 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.