Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

El blog del lenguaje musical - María Quintanilla

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Martes, 31 Decembro 2019 10:50
Última actualización do Martes, 31 Decembro 2019 10:53
Publicado o Martes, 31 Decembro 2019 10:50
Escrito por Administrator
Visitas: 1244

O blog de aula de María Quintanilla, El Blog de lenguaje musical, é un moi interesante lugar para coñecer o seu traballo e o do seu alumnado, os materiais que crea e as actividades nas que participa.

 

Eres tú - Juan Carlos Calderón

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 28 Decembro 2019 18:10
Última actualización do Sábado, 28 Decembro 2019 18:26
Publicado o Sábado, 28 Decembro 2019 18:10
Escrito por Administrator
Visitas: 2573

Juan Carlos Calderón (1938-2012) foi un dos mellores compositores, arranxadores e produtores musicais de España. En 1973 compuxo a canción Eres tú, que o grupo Mocedades presentou ao Festival de Eurovisión. Aínda que non gañou, o tema, dada a súa calidade, é, aínda hoxe, un dos máis famosos internacionalmente cantados en castelán. Imos facer un repaso dalgunhas versións que se poden atopar na rede...

A versión orixinal de Mocedades, con audio restaurado dixitalmente:

 

Nun primeiro momento houbo unha reclamación por copia xa que o comezo da canción é semellante á canción que Xugoslavia presentou en 1966 tamén en Eurovisión titulada "Brez besed" (Sen palabras).

Agora imos con diferentes versións do tema.

Empezamos co propio autor ao piano e o cantante Johnny Mathis:

 

O coro Philippine Madrigal Sing recrea así a obra:

Unha versión instrumental jazzística moi persoal e interesante é a de Montxo García:

 

O guitarrista Naudo Rodrigues interpreta unha fermosa, limpa e inspirada versión coa súa guitarra:

 

Esta versión, de Perpetuum Jazzile, ten unha particularidade que seguro apreciarán tan axiña como soe...

 

Vivaldi e Bach: os arranxos

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 14 Outubro 2007 18:31
Última actualización do Sábado, 28 Decembro 2019 15:55
Publicado o Domingo, 14 Outubro 2007 18:20
Escrito por Administrator
Visitas: 4408
A J.S.Bach a música de Vivaldi gustáballe tanto, que chegou a realizar varias versións ou arranxos para órgano de concertos para violín do músico italiano.
Propoñemos a escoita do terceiro movemento do Concerto grosso para violín en re menor RV565 de Vivaldi:
 
 
Agora poden escoitar o arranxo que J.S Bach fixo deste mesmo tempo da obra para órgano co número de catálogo BWV 596:
 
 
Tamén sería interesante ver e escoitar a espectacular versión para cuarteto de frautas (dúas soprano, tenor e baixo) deste vídeo:

Minueto - Krieger

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 10 Mai 2009 16:38
Última actualización do Sábado, 28 Decembro 2019 12:51
Publicado o Domingo, 10 Mai 2009 16:38
Escrito por Administrator
Visitas: 3248
Este Minueto de Johan Krieger, versión para dúas flautas, permite ao alumnado adentrarse no complexo pero fantástico mundo do contrapunto. Este tipo de textura é allea ao mundo musical actual, sobre todo, ao que inunda os reprodutores mp3 que emprega o noso alumnado. Porén, coñecer supón ser máis libre e ter máis elementos de xuízo ao enfrontarnos cunha obra musical. Comezar polo sinxelo é o mellor camiño para poder disfrutar despois de inmensas arquitecturas sonoras de compositores barrocos como Bach, Haendel ou Buxtehude.
Minueto - Krieger by musiescola 

Balada - Debussy

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Venres, 27 Decembro 2019 18:02
Última actualización do Venres, 27 Decembro 2019 18:02
Publicado o Venres, 27 Decembro 2019 18:02
Escrito por Administrator
Visitas: 2478

Unha peza fermosa, unha melodía moi traballada harmonicamente, con sonoridades diferentes... A interpretación de Kathryn Stott é espléndida... A calidade do son, non tanto!

Máis artigos

  1. Danza del Acha
  2. Sarabanda en re menor - Haendel
  3. Un órgano... de papel
  4. Abenlied - Joseph Rheinberger

Page 5 of 22

  • Start
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal
  • Buddy Bolden Suite - Roberto Somoza
  • Verseto XX - Heures Mystiques - Leon Boëllmann

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.