Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Instructions for Angels - David Bedford

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Martes, 16 Febreiro 2021 12:43
Última actualización do Martes, 16 Febreiro 2021 12:49
Publicado o Martes, 16 Febreiro 2021 12:43
Escrito por Administrator
Visitas: 3476

Unha colaboración entre o compositor David Bedford e Mike Oldfield de 1977. Os instrumentos: o órgano da catedral de Worcester e a guitarra eléctrica. Esta obra abrangue un tema e 6 variacións e finale. Este video corresponde á variación nº 6. A valorar o virtuosismo do guitarrista...

 

Unha emoción liberada...

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Domingo, 21 Xuño 2020 16:23
Última actualización do Mércores, 23 Decembro 2020 19:01
Publicado o Domingo, 21 Xuño 2020 16:23
Escrito por Administrator
Visitas: 4527

Este coro, o Stellenbosch University Choir, consegue coas súas interpretacións chegar ao máis fondo do noso corazón e libera emocións variadas... A calidade técnica e musicalidade do conxunto, mérito de cada un dos coristas e do excelente director, é do mellorciño que poden escoitar no mundo... Aquí lles deixo algunhas interpretacións:

Let my love be Heard de Jake Runestad:

Baba Yetu, de Chritopher Tin, arranxo do director do coro, un músico brillante, André van der Merwe:

Rainmaker de Hans Zimmer:

 

I Wont Give Up, de Jason Mraz:

 

 

 

Entrée de Polimnie - Les Boréades - Rameau

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Xoves, 09 Abril 2020 21:03
Última actualización do Xoves, 09 Abril 2020 21:04
Publicado o Xoves, 09 Abril 2020 21:03
Escrito por Administrator
Visitas: 4954

Rameau é un deses compositores no que a inspiración e a vitalidade están en cada unha das súas composicións. Esta obra que lles ofrecemos "Entrée de Polimnie" da ópera Les Boréades (Acto IV Sección IV) é unha mostra. Traemos aquí dúas versións marabillosas desta obra de Rameau, cada unha cunha visión diferente, pero coa musicalidade por enriba de todo:

Os English Baroque Soloists co xenial John Eliot Gardiner na dirección realiza esta fermosa versión:

 

 

O pianista Vikingur Ólafsson realiza a súa versión para piano baseándose na partitura de Andreas Edlund:

 

Momento musical nº3 op 16 - Rachmaninov

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Xoves, 09 Abril 2020 18:54
Última actualización do Domingo, 28 Xuño 2020 09:01
Publicado o Xoves, 09 Abril 2020 18:54
Escrito por Administrator
Visitas: 3843

Os Momentos musicais op 16 de Sergei Rachmaninov son un conxunto de seis pezas que cada unha delas pode ser interpretada illadamente. A número 3 describe un momento de profunda tristura. Está en si menor, en compás de catro por catro, e na sección central aparece un stacatto de oitava na man esquerda que muda o ritmo inicial. É unha obra dominada por un fondo sentimento de resignación. Fermosa! Neste vídeo está interpretada por Vadim Chaimovich.

 

Banda Xuvenil de Santádega

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 01 Febreiro 2020 23:19
Última actualización do Sábado, 01 Febreiro 2020 23:25
Publicado o Sábado, 01 Febreiro 2020 23:19
Escrito por Administrator
Visitas: 2100

O pasado verán, no mes de xullo, tivo lugar o IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, organizado pola Federación de Bandas de Galicia, evento encamiñado a pór en valor o labor formativo destas agrupacións que moven, afortunadamente, cada vez a máis rapazada.

Por sorteo, da provincia de Ourense acudiron a Banda Xuvenil da Agrupación Musical da Limia e a Banda Xuvenil de Santádega (Coles). Como na capital da provincia levamos case seis anos sen banda municipal parécenos axeitado escoitar a unha destas bandas e darlles as grazas aos seus músicos, directores, asociacións culturais e nais e pais, por ofrecernos música fermosa, interpretada con agarimo e tamén por non deixar morrer esta tradición que vén desde finais do século XIX e que, debido á falta de sensibilidade da poboación ourensá e dos seus representantes políticos, foi borrada do acervo cultural da nosa cidade.

Con vostedes, a Banda Xuvenil de Santádega dirixida por Roberto Iglesias.

 

Máis artigos

  1. Andante - IV Trío Sonata BWV 528 - Bach
  2. Sinfonía nº 7 - Beethoven - OSG - Dima Slobodeniouk
  3. El blog del lenguaje musical - María Quintanilla
  4. Eres tú - Juan Carlos Calderón

Page 4 of 23

  • Start
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Faleceu Dorothé Schuberth
  • Eco - Acrópole - Fillas de Cassandra
  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.