Variacións sobre un tema de Paganini op 35 - Brahms
- Detalles
- Creado o Luns, 07 Novembro 2011 20:30
- Última actualización do Xoves, 24 Decembro 2015 12:54
- Publicado o Luns, 07 Novembro 2011 20:30
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3953
As Variacións sobre un tema de Paganini op 35 de Brahms (Estudos para pianoforte) constitúen un monumento, xunto coas Variacións sobre un tema de Haendel (para piano) e as Variacións sobre un tema de Haydn (para orquestra) do mesmo autor, á forma musical da variación. Brahms era un auténtico MESTRE desta forma musical. Traballar un tema, diseccionalo, modificalo de xeito que o espírito do mesmo non se perda, amplialo, enriquecelo ata chegar ao culmen da grande variación, onde a inventiva e a inspiración do compositor amósanse protagonistas da obra, "superando" o terma musical que a orixinou. Este é o traballo de Brahms. Magnífico. O virtuosismo técnico que a partitura encerra (son uns estudos para piano de máxima dificultade) non se pode afrontar sen unha enorme musicalidade por parte do intérprete.
Ofrecemos dous vídeos de dous pianistas. O primeiro libro, (14 variacións), un pianista que xa ocupado un lugar de honra na historia da interpretación neste instrumento, Emil Gilels. (14 variacións)
O segundo libro, outras 14 variacións, está interpretado por outro pianista ruso, Dmitriy Onyshchenko, xoven pianista gañador dun Concurso Tchaikovski.