White Winter Hymnal
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3766
O grupo Pentatonix interpreta o tema White Winter Hymnal cun interesante acompañamento de percusión corporal. Feliz ano!
Sleigh Ride II - Leroy Andersson
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3740
Unha nova versión deste fermoso tema de Leroy Andersson, esta vez nun órgano, nas mans e nos pés de Cameron Carpenter, este xoven organista que goza dunha técnica extraordinaria. Aquí pódese apreciar o órgano orquestal, o órgano de teatro... Ver e escoitar tocar a Cameron é unha experiencia única. Aínda que o órgano é dixital, paga a pena escoitalo!
Preludio e fuga nº 1 en mi menor - Mendelssohn
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3762
Félix Mendelssohn foi o responsable de recuperar a música de Johan Sebastian Bach para os compositores románticos. Escribiu, ademais de varios preludios e fugas e sonatas para órgano, seis preludios e fugas para piano que se catalogaron co opus 35.
Ofrecemos unha versión moi valiosa, interpretada en directo, do Preludio e fuga nº 1 en mi menor. É unha obra que en principio semella un exercicio de composición pero que se mostra como unha obra espectacular. O preludio está na liña dos que Bach compoñía para órgano, cun piano moi arpístico. A fuga é xenerosa, densa e variada. Empeza soando a Bach, logo semella algunhas das fugas de Beethoven con accelerando incluídos, sigue unha potente sección en octavas en fortísimo e ao final contén un pequeno coral. A fuga remata cun clima de calma.
Toca Paula Biedma.
Jordi Savall, chapeau!
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2444
O estupendo músico Jordi Savall, cunha senlleira traxectoria como investigador e divulgador da música antiga, vén de renunciar ao Premio Nacional de Música concedido polo Ministerio de Educación e Cultura. Entendemos, apoiamos e aplaudimos as razóns polas que xustificou a renuncia. Contra a incultura musical dos políticos, máis Educación Musical, máis apoio a intérpretes, directores, grupos musicais, orquestras, investigadores do patrimonio musical español, asociacións musicais e máis concertos (rebaixa do IVE á cultura)... Os feitos son as verdadeiras luces que iluminan este camiño bretemoso polo que estamos a pasar.
La granja musical
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2475
La granja musical é un recurso para aprender divertíndose conceptos da linguaxe musical desde os máis básicos ata o que son cada vez máis complexos. Está realizado por un equipo de profesoras e profesores do Conservatorio de Almendralejo - Badaxoz. Pódese ver en El blog del Lenguaje Musical de María Quintanilla.
Page 15 of 23