XXVI Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2325
Os domingos 16, 23 e 30 de agosto volve connosco o Ciclo de Órgano e Música Antiga de Xunqueira de Ambía. Este ano os intérpretes serán Marisol Mendive, o grupo 2naFronteira e Jesús Gonzalo. Todos os concertos serán ás 20h, entrada de balde. Aquí está o cartel:
Pito pastoril - Método de Moisés Quintas
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2394
Moisés Quintas, mestre de Educación Musical e frautista, vén de publicar un estupendo método para aprender todo sobre o pito pastoril, a frauta doce da música tradicional galega.
O plantexamento didáctico, a secuenciación das dificultades, o emprego de exemplos sonoros, a profundidade dos contidos xunto coa claridade e sinxeleza na exposición fan deste método imprescindible e constitúe un fito único na pedagoxía musical galega.
Noraboa por este brillante traballo, Moisés!
MuseScore 2
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2774
Chegou hai uns meses MuseScore 2. Esta nova versión trae moitas novidades, melloras e correccións de erros. Agora estamos ante un editor de partituras moito máis maduro e preparado para a edición máis complexa.
350 anos de Cristofori - O piano
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2614
O catro de maio de 1655 naceu en Padua, Italia, Bartolomeo Cristofori di Francesco, músico e constructor de instrumentos.O seu invento máis salientable foi o piano.
Nun inventario de 1715 dos instrumentos de Fernando de Médici, aparece unha entrada na que se reflicte un instrumento chamado Archicembalo, inventado por Cristofori e que permite tocar sons forte e piano. De aí viríalle o nome: fortepiano.
Este é o mecanismo que Cristofori deseñou para solventar o problema do martelo que ao percutir nas cordas non se quedaba pegado, retrocedía, permitía que as cordas seguisen vibrando e tamén posibilitaba tocar repetidamente unha tecla e mesmo, transmitir a forza da pulsación.
Aquí o mecanismo actual do piano:
Google celebra o aniversario de Cristofori con este Doodle.
Toccata en Si menor - E. Gigout
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3659
Fantástica interpretación de Didier Matry no órgano Cavaillé-Coll de Saint-Augustin (Paris) desta Toccata en Si menor de E. Gigout. Sorprendente inicio e final do vídeo...
Page 13 of 23