Última actualización do Venres, 15 Abril 2016 17:47
Publicado o Domingo, 10 Abril 2016 11:18
Escrito por Administrator
Visitas: 3178
A sonata nº 5 op 24para violín e piano de Beethoven ten o alcume de Primavera. Unha fermosa música para este tempo. Escollimos unha versión histórica, equilibrada e fresca, das mans do xenial violinista David Oistrakh e do estupendo pianista Lev Oborin. (O vídeo 3 polos mesmos intérpretes ante a imposibilidade de atopar o correspondente)
Tempo I: Allegro
Tempo II: Adagio Molto Expressivo
Tempo III: Scherzo
Tempo IV: Presto
Faleceu Nikolaus Harnoncourt
Detalles
Creado o Luns, 07 Marzo 2016 19:55
Última actualización do Sábado, 21 Abril 2018 15:07
Publicado o Luns, 07 Marzo 2016 19:55
Escrito por Administrator
Visitas: 2285
O director de orquestra, violonceliste e investigador musical, Nikolaus Hannoncourt vén de falecer o pasado sábado á idade de 85 anos. Formou parte da corrente historicista de interpretación musical que, iniciada na recuperación auténtica da música do Barroco, avogou pola interpretación desta música liberándoa de todo artificio romántico, buscando as fontes orixinais, os instrumentos propios da época e intentando reproducila do xeito máis neutral e "obxectivo". Despois de fundar o Concentus Musicus en 1953 e dedicarse á investigación e interpretación sobre todo de música antiga, aínda que tamén abordou a música do seu tempo, Harnoncourt foi ampliando o obxecto do seu estudo ata chegar ao Clasicismo e Romanticismo. Desenvolveu unha longa carreira como director de orquestra preocupado pola autenticidade na interpretación, investigando constamente nas partituras orixinais e obtendo unha forma propia de entender cada composición.
Para afondar sobre o seu pensamento musical recomendamos a lectura de obras como "O diálogo musical: reflexións sobre Monteverdi, Bach e Mozart", "A música como discurso sonoro" ou "A música é máis que as palabras".
Na súa entrevista, realizada cando cumpriu os 85 anos, un pouco antes de se retirar da vida activa pública musical, declarou que a derradeira música que desexaría escoitar antes de deixar este mundo sería un coral de Bach, Vor deinen Thron tret’ ich hiermit BWV 688 (Con isto preséntome ante o teu Trono) empregado polo compositor na Arte da fuga. Para honrar a esta figura que se nos foi, poden escoitar este coral na súa versión para órgano a cargo de Hans-Andre Stamm. A paz, a tranquilidade, a satisfacción serena, a humildade... son sentimentos que afloran ante a escoita desta peza.
Un bo futuro - María López Carballo
Detalles
Creado o Sábado, 20 Febreiro 2016 12:42
Última actualización do Sábado, 20 Febreiro 2016 12:43
Publicado o Sábado, 20 Febreiro 2016 12:42
Escrito por Administrator
Visitas: 3301
María López Carballo, unha rapaciña galega de Narón, interpreta tres pezas populares galegas ( Ai Maruxiña, Foliada de Tenorio e unha muiñeira) acompañándose coa zanfona e coa colaboración de Carlos Núñez. O gran mestre Santalices estaría moi satisfeito! Noraboa tamén ao noso músico máis universal...
Canción á árbore de Nadal
Detalles
Creado o Xoves, 24 Decembro 2015 10:58
Última actualización do Xoves, 24 Decembro 2015 10:58
Publicado o Xoves, 24 Decembro 2015 10:58
Escrito por Administrator
Visitas: 3364
Edward Grieg, dentro das 7 cancións para rapaces op 61, dedicou unha delas á árbore de Nadal. Con esta música sinxela e agarimosa queremos desexarlles un BO NADAL!
Doodle para celebrar o 245 aniversario do nacemento de Beethoven
Detalles
Creado o Xoves, 17 Decembro 2015 19:07
Última actualización do Xoves, 17 Decembro 2015 19:08
Publicado o Xoves, 17 Decembro 2015 19:07
Escrito por Administrator
Visitas: 2062
Google celebra hoxe, 17 de decembro, o 245 aniversario do nacemento de Beethoven cun Doodle xenial... Paga a pena disfrutar del. Prema na imaxe.