Sarabanda en re menor - Haendel
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 6021
Esta Sarabanda da suite en re menor de Haendel é unha das composicións máis famosas do músico alemán afincado en Inglaterra. Nela aparece, como non, o recurso da variación, arte na que o compositor é un auténtico mestre. Non nos estrana que outros autores posteriores, tamén xenios da variación, como Beethoven ou Brahms, estudasen a fondo estas partituras.
Un órgano... de papel
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 1556
Un órgano portátil construido con papel. O fol é un globo.
Abenlied - Joseph Rheinberger
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3068
Joseph Rheinberger (1839-1901) foi un compositor alemán que cultivou case todos os xéneros, pero destaca na música vocal sacra e na música para órgano.
Unha mostra do seu facer como compositor é este Abenlied (Canción da tarde) "Queda connosco, porque xa é tarde o día está case morrendo." (Lc. 24, 29) Hai que salientar a atmosfera sonora creada, propia do solpor, a base de disonancias moi ben dispostas e resoltas e procedementos imitativos.
Xabier Díaz, dúas cancións
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3050
Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero xuntáronse a modo de cuarteto para crear Teu nome por mar e terra, fermosa canción, pausada, coidada, sensible...
Agora, Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, interpretan Cantiga de montaña, de inspiración popular, pero tratada dun xeito moi interesante e renovador, coa inclusión da percusión corporal. O lugar semella nas ribeiras do río Tambre...
Widmung - Schumann
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2986
O lied "Widmung" op 25 nº 1 de Schumann é unha total e completa declaración de amor. Imos presentar varias versións:
Diana Damrau, soprano:
Fischer-Dieskau, barítono:
Liszt fixo unha versión pianística excelente.Mostramos dúas versións:
Con partitura, versión de Takashi Sato.
Xenial versión, cantabile, delicada... de Jorge Bolet
Page 7 of 23