Concerto para piano nº3 - Tchaikovsky

Este concerto foi publicado como obra póstuma e o autor só traballou no primeiro movemento. É, posiblemente, o meno coñecido dos seus concertos para piano. Ofrecemos unha gravación da OSG, dirixida por Ion Marin, coa solista Marianna Prjevalskaya, pianista vencellada á Coruña. Esta obra require a doses iguais virtuosismo e musicalidade, elementos que Marianna brinda na interpretación desta obra.