Sonatina - Antón García Abril
- Detalles
- Creado o Sábado, 20 Marzo 2021 16:52
- Última actualización do Sábado, 20 Marzo 2021 16:52
- Publicado o Sábado, 20 Marzo 2021 16:52
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3234
O compositor e profesor Antón García Abril finou o pasado 17 de marzo e deixounos unha morea de obras sinfónicas, óperas, música de cámara, para instrumento solista ou sintonías de programas de televisión e bandas sonoras de películas. Foi un compositor que se empapou de todas as vangardas do seu tempo, pero que non renunciou ao pracer e compoñer melodías. Queremos homenaxear a este xenial músico español coa audición da obra para piano "Sonatina"(Alegretto - Arietta - Finale), neste vídeo interpretada maxistralmente pola pianista María Canyigueral, no Auditorio Josep Vider de Girona.