Xabier Díaz, dúas cancións

Guillerme Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xosé Lois Romero xuntáronse a modo de cuarteto para crear Teu nome por mar e terra, fermosa canción, pausada, coidada, sensible...

 

Agora, Xabier Díaz coas Adufeiras de Salitre, interpretan Cantiga de montaña, de inspiración popular, pero tratada dun xeito moi interesante e renovador, coa inclusión da percusión corporal. O lugar semella nas ribeiras do río Tambre...