O poder dunha linguaxe universal: a música
- Detalles
- Creado o Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
- Última actualización do Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
- Publicado o Mércores, 05 Decembro 2018 19:54
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2466
Unha linguaxe serve para comunicarse; para compartir inquedanzas, sentimentos e ideas; para unirse e pasar un anaco de tempo inesquecible. Isto lle pasou a un turista que ao contrabaixo acompañou a uns músicos da rúa interpretando "Les feuilles mortes". Ensaios, ningún. Os tres músicos teñen clara a estrutura armónica e formal da canción e realizan unha serie de improvisacións a cada cal mellor. O público en directo e nós, grazas a este vídeo, somos testemuñas do poder da música: unha linguaxe universal.