Eres tú - Juan Carlos Calderón
- Detalles
- Creado o Sábado, 28 Decembro 2019 18:10
- Última actualización do Sábado, 28 Decembro 2019 18:26
- Publicado o Sábado, 28 Decembro 2019 18:10
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2747
Juan Carlos Calderón (1938-2012) foi un dos mellores compositores, arranxadores e produtores musicais de España. En 1973 compuxo a canción Eres tú, que o grupo Mocedades presentou ao Festival de Eurovisión. Aínda que non gañou, o tema, dada a súa calidade, é, aínda hoxe, un dos máis famosos internacionalmente cantados en castelán. Imos facer un repaso dalgunhas versións que se poden atopar na rede...
A versión orixinal de Mocedades, con audio restaurado dixitalmente:
Nun primeiro momento houbo unha reclamación por copia xa que o comezo da canción é semellante á canción que Xugoslavia presentou en 1966 tamén en Eurovisión titulada "Brez besed" (Sen palabras).
Agora imos con diferentes versións do tema.
Empezamos co propio autor ao piano e o cantante Johnny Mathis:
O coro Philippine Madrigal Sing recrea así a obra:
Unha versión instrumental jazzística moi persoal e interesante é a de Montxo García:
O guitarrista Naudo Rodrigues interpreta unha fermosa, limpa e inspirada versión coa súa guitarra:
Esta versión, de Perpetuum Jazzile, ten unha particularidade que seguro apreciarán tan axiña como soe...