Estudo Op 25 nº 1 - Chopin
- Detalles
- Creado o Domingo, 09 Marzo 2014 19:40
- Última actualización do Domingo, 09 Marzo 2014 19:41
- Publicado o Domingo, 09 Marzo 2014 19:40
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3811
Os estudos para piano de Chopin forman parte do catálogo pedagóxico que os pianistas deben interpretar para adquirir musicalidade, técnica e expresividade. O Op 25 nº1 consiste nunha serie de arpexios na man dereita nos que a primeira nota vai realizando unha melodía e a esquereda fai ás veces un acompañamento 2 a 3 e outras veces ten o mesmo ritmo da man dereita. En calquera caso, a harmonía é moi rica, con acordes aumentados que confiren un clima de ensoñación e exotismo.
Estes días soa moito esta música posto que o comezo do estudo é a banda sonora dunha campaña publicitaria de Siemens.
Neste vídeo pódese escoitar e seguir a partitura.