Musicanaescola

  • Skip to content
  • Jump to main navigation and login

Nav view search

Navigation

Search

Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 07 Xaneiro 2023 12:07
Última actualización do Martes, 31 Xaneiro 2023 19:17
Publicado o Sábado, 07 Xaneiro 2023 12:07
Escrito por Administrator
Visitas: 344

Rossini, un grande da Música, despois da estrea de Guillermo Tell, xa non compuxo máis música escénica, retirouse. Pero a súa vea compositiva non parou e adicouse a compoñer pequenas pezas de salón, que son verdadeiras xoias, bastante descoñecidas polo público. Desde 1857 ata 1868 compuxo arredor de 150 obras vocais e instrumentais, que non estaban pensadas para a súa publicación. Son obras nas que o compositor está moi inspirado e no que se mostra como precursor de procedementos e técnicas que virían máis tarde no tempo. Son as Péchés de vieillesse (Pecados de vellez) reunidas en catorce álbumes temáticos.

Como mostra, presentamos Un pequeno tren de pracer, música descriptiva e narrativa, interpretada ao piano polo estupendo Roberto Prosseda, nun concerto organizado en 2013 pola Fundación Juan March.

Bransle simple 4 - Gervaise

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Martes, 03 Xaneiro 2023 13:57
Última actualización do Martes, 03 Xaneiro 2023 14:06
Publicado o Martes, 03 Xaneiro 2023 13:57
Escrito por Administrator
Visitas: 264

Para cuarteto de frautas doces.

Bransle Simple 4 - Claude Gervaise by musiescola 

Rogelio Groba: un músico universal

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Luns, 02 Xaneiro 2023 10:33
Última actualización do Luns, 02 Xaneiro 2023 10:34
Publicado o Luns, 02 Xaneiro 2023 10:33
Escrito por Administrator
Visitas: 221

O día 1 de xaneiro de 2023 faleceu o prolífico compositor Rogelio Groba, nado en Ponteareas en 1930. Un autor que nos deixa máis de 700 composicións, director de orquestra e profesor de harmonía, contrapunto e composición. Tamén foi director do CS de A Coruña. Con el, a música galega contemporánea adquire unha dimensión universal.

Danza meigas - Rogelio Groba

Buddy Bolden Suite - Roberto Somoza

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Mércores, 17 Agosto 2022 22:32
Última actualización do Mércores, 17 Agosto 2022 22:45
Publicado o Mércores, 17 Agosto 2022 22:32
Escrito por Administrator
Visitas: 1054

A Buddy Bolden Suite, de Roberto Somoza, interpretada polo Quinteto de metais da OSG, fainos viaxar aos anos vinte do século pasado directamente desde este século da man dunha fermosa e ben pensada e sentida música. Budy Bolden foi un cornetista de Nova Orleans que, a finais do século XIX, andaba a crear un novo estilo de música: o jazz.

Nos catro números desta suite hai momentos esixentes para cada instrumentista e o conxunto resultante é unha música dunha delicadeza exquisita. Parabéns ao compositor, que é un bo coñecedor da música de jazz desa época. Tamén a nosa noraboa aos excelentes intérpretes.

Verseto XX - Heures Mystiques - Leon Boëllmann

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Creado o Sábado, 23 Xullo 2022 17:14
Última actualización do Sábado, 23 Xullo 2022 17:15
Publicado o Sábado, 23 Xullo 2022 17:14
Escrito por Administrator
Visitas: 633

Leon Boëllmann foi un compositor francés que dedicou a meirande parte da súa obra ao órgano. Foi nomeado organista titular da igrexa de San Vicente de Paul, en Paris, e tivo á súa disposición un órgano Cavaillé-Coll.

A obra Heures Mystiques é unha escolma de pequenas pezas para órgano ou harmonio con títulos referidos a momentos da misa nos que o órgano tiña un papel importante: entradas, ofertorios, consagracións, comunións, saídas... Tamén ten versetos.

Ofrecemos o Verseto XX, moi sinxelo.

Máis artigos

  1. Conquista do Paraíso - Homenaxe a Vangelis
  2. Concerto para piano nº3 - Tchaikovsky
  3. Negra Sombra - Juan Montes - OSG
  4. O querer - Tanxugueiras

Page 1 of 22

  • Start
  • Prev
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • Seguinte
  • End
  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • A partitura escollida
  • Ligazóns
  • Bibliografía

Novidades is closed

  • Un pequeno tren de pracer - Rossini - Roberto Prosseda
  • Bransle simple 4 - Gervaise
  • Rogelio Groba: un músico universal
  • Buddy Bolden Suite - Roberto Somoza
  • Verseto XX - Heures Mystiques - Leon Boëllmann

Sementes RSS

feed-image Sementes Feed
Copyright © 2023 Musicanaescola. Todos os dereichos reservados.
Joomla! é software libre feito sobre a GNU Licenza Pública Xeral.