Musicanaescola

Siciliano - BWV 1031 - Bach

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 16 Marzo 2014
Última actualización do 25 Xuño 2017
Visitas: 1470

Ofrecemos dúas versións para piano dun mesmo arranxo. Trátase do que realizaou o estupendo pianista Wilhem Kempff sobre o Siciliano da Sonata nº 2 para frauta de J.S. Bach.

A primeira está interpreta pola pianista polaca Iwona Karasinska-Schlair.

 

A segunda interpretación vén das mans de Evgeni Kissin cando contaba con 19 anos de idade.

 

 A terceira é unha versión coa partitura:

Estudo Op 25 nº 1 - Chopin

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 09 Marzo 2014
Última actualización do 09 Marzo 2014
Visitas: 1479

Os estudos para piano de Chopin forman parte do catálogo pedagóxico que os pianistas deben interpretar para adquirir musicalidade, técnica e expresividade. O Op 25 nº1 consiste nunha serie de arpexios na man dereita nos que a primeira nota vai realizando unha melodía e a esquereda fai ás veces un acompañamento 2 a 3 e outras veces ten o mesmo ritmo da man dereita. En calquera caso, a harmonía é moi rica, con acordes aumentados que confiren un clima de ensoñación e exotismo.

Estes días soa moito esta música posto que o comezo do estudo é a banda sonora dunha campaña publicitaria de Siemens.

Neste vídeo pódese escoitar e seguir a partitura.

 

Sonata para órgano a catro mans e catro pés - Merkel

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 02 Decembro 2013
Última actualización do 02 Decembro 2013
Visitas: 1557

No extraordinario concerto dos organistas Pablo Márquez e Atsuko Takano, celebrado o venres 29 de novembro e organizado pola Asociación de Amigos do Órgano Un rato no tubo, puidemos disfrutar, entre outras obras estupendamente interpretadas polos dous intérpretes, da Sonata para catro mans e catro pés Op 30 de Gustav Merkel. Unha obra en tres tempos onde os organistas poden amosar a súa técnica e musicalidade e tirar todo o partido posible do instrumento que teñen baixo as súas catro mans e os seus catro pés.

A coordinación tamén é moi importante... como poden apreciar nesta gravación de Pierre Nimax jr. e Paul Kayser.

 

 

Aria Schafe können sicher weiden BWV 208 - J.S.Bach

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 13 Novembro 2013
Última actualización do 13 Novembro 2013
Visitas: 1595

O pianista Leon Fleisher ofrece a súa versión desta aria da Cantata 208 de J. S. Bach. A versión pianística da partitura é de Petri.

Suceso en Xunqueira... unha posible solución.

  • imprimir
  • Correo electrónico
Detalles
Escrito por Administrator
Creado o 30 Agosto 2013
Última actualización do 30 Agosto 2013
Visitas: 1812

O pasado domingo día 18 de agosto estabamos en Xunqueira de Ambía. A tardiña tiña unha temperatura agradable e corría un ventiño moi apetecible. O motivo da visita era disfrutar da música de órgano no concerto que o xoven organista de Valencia, Pablo Márquez Caraballo, ofrecía. O programa, impresionante, un monográfico de J.B. Cabanilles. O concerto comezou sen ningunha novidade que destacara, a non ser o grande virtuosismo que o concertista amosaba en cada obra ademais de interpretala cunha enorme variedade e atrevida rexistración. Levabamos 4 pezas e, ao comezo da quinta, o Tiento de 7º ton por alamire, escoitamos un "plof" e o instrumento deixou de funcionar. Sorpresa!

Ler máis: Suceso en Xunqueira... unha posible solución.

  1. Vals op 39 - 9 - Brahms
  2. O reloxo sincopado - Outro musicograma
  3. O voo do moscardón
  4. Interesante traballo co piano: One Direction

Page 9 of 15

  • 4
  • ...
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • ...
  • 11
  • 12
  • 13

Menú

  • Inicio
  • Música para escoitar
  • Recursos
  • Partituras
  • Noticias
  • Bibliografía

Back to Top

© 2018 Musicanaescola