Entrée de Polimnie - Les Boréades - Rameau
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 5472
Rameau é un deses compositores no que a inspiración e a vitalidade están en cada unha das súas composicións. Esta obra que lles ofrecemos "Entrée de Polimnie" da ópera Les Boréades (Acto IV Sección IV) é unha mostra. Traemos aquí dúas versións marabillosas desta obra de Rameau, cada unha cunha visión diferente, pero coa musicalidade por enriba de todo:
Os English Baroque Soloists co xenial John Eliot Gardiner na dirección realiza esta fermosa versión:
O pianista Vikingur Ólafsson realiza a súa versión para piano baseándose na partitura de Andreas Edlund:
Momento musical nº3 op 16 - Rachmaninov
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 4234
Os Momentos musicais op 16 de Sergei Rachmaninov son un conxunto de seis pezas que cada unha delas pode ser interpretada illadamente. A número 3 describe un momento de profunda tristura. Está en si menor, en compás de catro por catro, e na sección central aparece un stacatto de oitava na man esquerda que muda o ritmo inicial. É unha obra dominada por un fondo sentimento de resignación. Fermosa! Neste vídeo está interpretada por Vadim Chaimovich.
Banda Xuvenil de Santádega
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2231
O pasado verán, no mes de xullo, tivo lugar o IV Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, organizado pola Federación de Bandas de Galicia, evento encamiñado a pór en valor o labor formativo destas agrupacións que moven, afortunadamente, cada vez a máis rapazada.
Por sorteo, da provincia de Ourense acudiron a Banda Xuvenil da Agrupación Musical da Limia e a Banda Xuvenil de Santádega (Coles). Como na capital da provincia levamos case seis anos sen banda municipal parécenos axeitado escoitar a unha destas bandas e darlles as grazas aos seus músicos, directores, asociacións culturais e nais e pais, por ofrecernos música fermosa, interpretada con agarimo e tamén por non deixar morrer esta tradición que vén desde finais do século XIX e que, debido á falta de sensibilidade da poboación ourensá e dos seus representantes políticos, foi borrada do acervo cultural da nosa cidade.
Con vostedes, a Banda Xuvenil de Santádega dirixida por Roberto Iglesias.
Andante - IV Trío Sonata BWV 528 - Bach
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3887
As Sonatas en trío para órgano de J.S.Bach son un monumento á independencia melódica das voces e á imitación. Tecnicamente son moi complicadas para interpretar, pero amosan a mestría de Bach como grande compositor de todos os tempos.
Ofrecemos o Andante da Trío Sonata nº 4 BWV 528, un movemento que engaiola e que nunha primeira audición semellounos transportarnos a un mundo volátil, etéreo, máxico...
Versión de Ulf Norberg na igrexa Eleonora Hedvig de Estocolmo.
Agora a versión de Karolina Juodelyte no órgano Holy Cross Church Detmold en Alemaña. O tempo é un chisco máis lento.
E, para rematar, unha transcripción da obra para piano realizada por August Stradal. A magnífica interpretación é de Vikingur Ólafsson.
Sinfonía nº 7 - Beethoven - OSG - Dima Slobodeniouk
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 4064
Neste 2020 celebramos o 250 aniversario do nacemento dun dos mellores compositores universais: Beethoven. Para empezar a degustar de novo a súa música, propoñemos a audición da Sinfonía nº 7 en versión da OSG, unha orquesta da nosa terra, e a súa versión de 2017 con Dima Slobodeniouk como director, un músico excepcional dunha musicalidade e vitalidade extraordinarias que comunica moi ben aos seus músicos. As súas versións tennos engaiolados!
Felicitar á OSG pola calidade das grabacións na súa canle de Youtube.
Page 5 of 23