Passacaille Suite en sol menor HWV 432 Haendel
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 2984
Sonatina - Antón García Abril
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3873
O compositor e profesor Antón García Abril finou o pasado 17 de marzo e deixounos unha morea de obras sinfónicas, óperas, música de cámara, para instrumento solista ou sintonías de programas de televisión e bandas sonoras de películas. Foi un compositor que se empapou de todas as vangardas do seu tempo, pero que non renunciou ao pracer e compoñer melodías. Queremos homenaxear a este xenial músico español coa audición da obra para piano "Sonatina"(Alegretto - Arietta - Finale), neste vídeo interpretada maxistralmente pola pianista María Canyigueral, no Auditorio Josep Vider de Girona.
Instructions for Angels - David Bedford
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 3875
Unha colaboración entre o compositor David Bedford e Mike Oldfield de 1977. Os instrumentos: o órgano da catedral de Worcester e a guitarra eléctrica. Esta obra abrangue un tema e 6 variacións e finale. Este video corresponde á variación nº 6. A valorar o virtuosismo do guitarrista...
Unha emoción liberada...
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 4858
Este coro, o Stellenbosch University Choir, consegue coas súas interpretacións chegar ao máis fondo do noso corazón e libera emocións variadas... A calidade técnica e musicalidade do conxunto, mérito de cada un dos coristas e do excelente director, é do mellorciño que poden escoitar no mundo... Aquí lles deixo algunhas interpretacións:
Let my love be Heard de Jake Runestad:
Baba Yetu, de Chritopher Tin, arranxo do director do coro, un músico brillante, André van der Merwe:
Rainmaker de Hans Zimmer:
I Wont Give Up, de Jason Mraz:
Entrée de Polimnie - Les Boréades - Rameau
- Detalles
- Escrito por Administrator
- Visitas: 5455
Rameau é un deses compositores no que a inspiración e a vitalidade están en cada unha das súas composicións. Esta obra que lles ofrecemos "Entrée de Polimnie" da ópera Les Boréades (Acto IV Sección IV) é unha mostra. Traemos aquí dúas versións marabillosas desta obra de Rameau, cada unha cunha visión diferente, pero coa musicalidade por enriba de todo:
Os English Baroque Soloists co xenial John Eliot Gardiner na dirección realiza esta fermosa versión:
O pianista Vikingur Ólafsson realiza a súa versión para piano baseándose na partitura de Andreas Edlund:
Page 4 of 23