O Theremin foi o primeiro sintetizador da historia. Inventado polo soviético Thermen en 1919, consta dunha caixa con dúas anteas. A da esquerda (desde o punto de vista do músico) ten forma de bucle e con ela contrólase a intensidade (se aproximas a man baixa o volume e se a alonxas, sobe). A da dereita é unha antea vertical na que se controla a frecuencia (a altura do son): se achegas a man, aumenta a frecuencia (máis agudo) e se alonxas a man, diminúe a frecuencia (máis grave).

Poden comprobalo neste vídeo no que o theremin e o Ave María, atribuído a Caccini pero realmente composta por Vladimir Vavilov, aúnanse neste vídeo onde Víctor Estrada interpreta neste curioso instrumento electrófono a partitura antes mencionada. A idea do músico é felicitar o Nadal a todos e todas.