Continuando a serie de vídeos didácticos realizados por Benantzi Bilbao e José María Berenguer, agora tócanos meternos dentro dun órgano, en concreto dentro do órgano de Monóvar, para coñecer ese mundo interior máxico cheo de tubos de diferentes clases, corredeiras, segredos... Excelente oportunidade de ver como é e de comprender como funciona un órgano de tubos.