A que sabe o galego? En Cea, está claro, a PAN.

No CPI Virxe da Saleta, o profesor Martiño Ramos e o alumnado do centro crearon un lipdub sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.