O catro de maio de 1655 naceu en Padua, Italia, Bartolomeo Cristofori di Francesco, músico e constructor de instrumentos.O seu invento máis salientable foi o piano.

Nun inventario de 1715 dos instrumentos de Fernando de Médici, aparece unha entrada na que se reflicte un instrumento chamado Archicembalo, inventado por Cristofori e que permite tocar sons forte e piano. De aí viríalle o nome: fortepiano.

Este é o mecanismo que Cristofori deseñou para solventar o problema do martelo que ao percutir nas cordas non se quedaba pegado, retrocedía, permitía que as cordas seguisen vibrando e tamén posibilitaba tocar repetidamente unha tecla e mesmo, transmitir a forza da pulsación.

Aquí o mecanismo actual do piano:

Google celebra o aniversario de Cristofori con este Doodle.