O tradicional Concerto de Primavera, organizado pola Asociación de Amigos do Órgano de Ourense Un Rato no Tubo, en colaboración coa Parroquia de Santa Eufemia, terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril, ás 20:30 h, no órgano Walcker da Igrexa de Santa Eufemia do Centro- Ourense

Nesta ocasión poderemos escoitar á organista Soledad Mendive e ao trompetista Rubén Freire Bermúdez. A entrada é de balde.