A Asociación de amigos do Órgano de Ourense "Un rato no tubo" organiza o vindeiro xoves, 15 de maio de 2014, ás 20: 15 h, na Igrexa de Santa Eufemia do Centro,  o Concerto de primavera, a cargo da soprano Ilduara Perianes e da organista Marisol Mendive.

En programa obras de Fauré, Pierné, Montsalvatge, Blancafort, Toldrá, Marcial del Adalid, Franck, Dubois e M. G.Mendoza. Desta última compositora, e profesora do CMUS de Ourense,  interpretarase o estreo absoluto da obra "Poema XLIV sobre un texto de G.A. Bécquer: Como un libro abierto"

Entrada libre.

Concerto de Primavera- Cartel