En V-TV realizaron unha pequena reportaxe sobre a orquestra de nenos e nenas que a Sinfónica de Galicia (OSG) creou para a formación musical de novos instrumentistas. Rapazas e rapaces de toda Galicia, xunto coas súas familias, madrugan cada sábado para chegar a A Coruña ben cedo co gallo de ensaiar xuntos unhas cantas horiñas... Eles e elas pásano estupendamente, porque facer música en conxunto é o que máis lles gusta. A disciplina do ensaio individual compleméntase cos beneficios que para as súas capacidades musicais e humanas aportan o ensaio en grupo. O esforzo paga a pena.

Ligazón ao vídeo