Vimos de implementar no noso sitio un sistema bilingüe galego-castelán. O idioma principal de Musicanaescola é o galego, pero cada artigo estará traducido ao castelán, de tal xeito que, premendo na bandeira española que está situada na parte superior dereita, aparecerá o mesmo artigo en castelán.

Así pretendemos evitar duplicidades. Tamén temos decidido ir pechando paulatinamente o Blog-Musicanaescola, pois ímolo integrar no sitio raíz. Pensamos cambiar a temática do blog, de xeito que a medida que se vaian baleirando os vellos contidos relacionados coa música e a educación musical, irán aparecendo os novos contidos, máis relacionados co mundo das novas tecnoloxías, o software libre e a educación.

We use cookies

We use cookies on our website. Some of them are essential for the operation of the site, while others help us to improve this site and the user experience (tracking cookies). You can decide for yourself whether you want to allow cookies or not. Please note that if you reject them, you may not be able to use all the functionalities of the site.