A esta peza eu téñolle moito aprecio, pois foi unha das primeiras composicións para piano que puiden escoitar en directo. É unha peza con tres seccións: a primeira, lenta, parece un canto popular ruso; a sección central é alegre, desenfadada e virtuosística; a sección final, unha volta á primeira sección.