No extraordinario concerto dos organistas Pablo Márquez e Atsuko Takano, celebrado o venres 29 de novembro e organizado pola Asociación de Amigos do Órgano Un rato no tubo, puidemos disfrutar, entre outras obras estupendamente interpretadas polos dous intérpretes, da Sonata para catro mans e catro pés Op 30 de Gustav Merkel. Unha obra en tres tempos onde os organistas poden amosar a súa técnica e musicalidade e tirar todo o partido posible do instrumento que teñen baixo as súas catro mans e os seus catro pés.

A coordinación tamén é moi importante... como poden apreciar nesta gravación de Pierre Nimax jr.Paul Kayser.