O 24 de febreiro de cada ano vense celebrando o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, grande poeta, quen publicou o primeiro libro en galego, Cantares Gallegos, en 1863, inaugurando un máxico período na historia da literatura galega coñecido como O Rexurdimento.

Amancio Prada musicou moitos poemas de Rosalía e realizou diferentes gravacións. Presentamos unha delas moi fermosa. Foi a que se realizou coa Real Filharmonía de Galicia baixo a batuta de Maximino Zumalave.